Wednesday 15 de May de 2024

O BNG levará a pleno as obras que se están a realizar na Maceira en Pastoriza


Desde o grupo municipal queren que, alguén do goberno, asuma a responsabilidade de ter permitido que se estivesen facendo obras sen licenza a pesares de ter coñecemento dunha denuncia feita en 2020.

Desde o BNG de Arteixo logo de ter acceso ao expediente queren que no pleno se explique cales foron os motivos que non se respondera a unha denuncia xa feita o 1 de outubro de 2020 en que un particular advirte dunhas obras de recheo que se están realizando e pide ver a documentación mais nin o concello lle contestou nin moveu un dedo por saber o que estaba a acontecer na contorna.
Chamativo é que uns días despois unha particular (concretamente o día 7 de outubro de 2020 ) solicite unha comunicación previa para facer unhas obras de acondicionamento ” desde o goberno local non se fixo absolutamente nada, non se adoptou ningunha medida, nin se fixo ningún informe a pesares de ter coñecemento dos feitos, é algo gravísimo”.
Durante meses estiveron solicitando cambios nas licenzas, primeiro un movemento de terra, logo un muro de contención, logo presentaron un proxecto para unha estación de servizo e logo para un aparcamento de coches.

Desde o BNG consideran unha irresponsabilidade a actuación do goberno que non tomou ningunha medida até que hai unhas semanas houbo un derrubamento dun muro de contención coa grave problema de seguridade que puido supoñer xa que o fixo para un camiño público. Desde o BNG esiximos que se investiguen os feitos.

O BNG tamén presentará varios rogos a respecto da falta de mantenimento da estrada que vai de Chamín a Sorrizo ” o seu estado é perigoso para as persoas que camiñas mais tamén para os vehículos que circulan a diario por ela”.

Na mesma sesión plenaria tamén se voltará a solicitar a retirada das liñas de alta tensión de Solymar logo que o alcalde dixera na anterior sesión plenaria unha vez acabado o pleno que non pensaba facer nada porque non era ningún obxectivo para eles o que demostra mais unha vez que nunca tiveron intención de mover un dedo en todos estes anos ” impórtalles nada a saúde das veciñas e veciños de Arteixo”

Desde o BNG tamén trasladarán a solicitude de unha xestión axeitada do centro social de Rorís para que as veciñas e veciños poidan en igualdade de condicións facer uso dese espazo , algo que nestes momentos está moi limitado, ” desde o BNG consideramos que está ben ter centros sociais mais estaría mellor se tivesen un funcionamento aberto, con horarios estipulados e con persoal para municipal para atendelos e onde todas e todos teñan espazos en igualdade de condicións”

Por último, desde o BNG tamén solicitarán que se finalice o parque infantil e o acondicionamento da zona da República Dominicana e República de Uruguai e que se cumpra co prometido á veciñanza, ” dous anos despois e todo por facer” indican desde o BNG